Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
SUPONDRÍA INGRESOS COMPLEMENTARIOS PARA LA MARIÑA

El PP apuesta por el impulso del turismo marinero

El diputado popular José Manuel Balseiro se interesa en el Parlamento Gallego por las medidas que tiene en mente la Xunta para promocionar el turismo marinero. Museos, acuarios, lonjas, fábricas, astilleros, carpintería de ribeira o centros de investigación, son, entre muchos otros, puntos interesantes para ser visitados por turistas. El popular destaca que a través de las iniciativas impulsadas por la Consellería de Mar es posible recuperar y poner en valor todo este patrimonio artesanal pesquero.

comentar  |   imprimir
- 21-02-12

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, rexistrou varias iniciativas na Cámara galega interesándose polas medidas que ten previsto poñer en marcha a Xunta de Galicia para impulsar o turismo mariñeiro.

  

Balseiro lembrou que desde a súa formación política sempre defenderon como un dos aspectos  con maior proxección e potencionalidade, hoxe e  no futuro, o aproveitamento do atractivo turístico vinculado á actividade pesqueira e marisqueira, isto é, o que se coñece como turismo mariñeiro.

  

En opinión do portavoz popular do Mar, Galicia non só está a converterse nun espazo de referencia para as actividades lúdicas, culturais e  deportivas nas súas costas e portos, senón que tamén debe saber aproveitar o  potencial do turismo e do ocio vinculado ao mar a través de diversas actuacións como poden ser a posta en valor dos recursos e infraestruturas mariñas existentes, como por exemplo, museos, acuariums, lonxas, fábricas de salgadura, centros de investigación, estaleiros, fábricas de conservas, antigas baleeiras, carpinterías de ribeira, embarcacións tradicionais, festas marítimas, cociña tradicional, etc...

 

INTERESE CRECENTE

  

Jose Manuel Balseiro lembra que a través das accións impulsadas pola Consellería do Mar é posible recuperar e poñer en valor o noso patrimonio marítimo e as actividades desenvolvidas polos homes e mulleres do mar. Salienta ademais que existe constancia do volume crecente de persoas que teñen  interese en coñecer como se desenvolve unha  xornada de pesca, ou a venda do pescado en lonxa, ou aos  que lle gustaría coñecer o traballo dos oficios máis tradicionais tales como atado de redes, actividades de marisqueo, construccións en madeira nas carpinterías de ribeira... ámbitos de grande atractivo turístico que deben ser aproveitados.

  

INGRESOS ADICIONAIS

  O voceiro do Mar dos populares galegos considera que  contribuír desde a Xunta de Galicia ao desenvolvemento destas iniciativas supón potenciar un sector económico -o do turismo e do ocio do mar- que permite achegar ingresos complementarios ás xentes do mar e os portos galegos. Para iuso é imprecindible a colaboración conxunta e implicación entre a administración e todas as empresas, confrarías, asociacións e clubs, que poden achegar a súa experiencia adquirida nas tarefas que tradicionalmente veñen desenvolvendo neste campo. 


Línea Editorial COPE
PUBLICIDAD
Los Pasillos del Poder
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal